00:00:00
+/- 20s

PRESENTACIÓN LIBRO "PROXECTO SADA"

Canal Prensa
Título PRESENTACIÓN LIBRO "PROXECTO SADA"
 
Data 14 de Marzo de 2018, 12:30
Duración 19 min.
Descrición PRESENTACIÓN LIBRO "PROXECTO SADA. PAISAXE, LUGAR E ARQUITECTURA"
 
Categoría Presentación

PRESENTACIÓN DO PROXECTO

“SADA: PAISAXE, LUGAR E ARQUITECTURA”

Como resultado da sinatura do entre Concello de Sada e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña para o “Desenvolvemento de traballos teóricos e de investigación en emprazamentos de interese urbano e histórico en Sada, A Coruña”, as dúas entidades presentarán O VINDEIRO MÉRCORES 14 DE MARZO ÁS 12:30 HORAS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE SADA o volume titulado “PROXECTO SADA, Paisaxe, lugar e Arquitectura”

Durante o curso 2015-2016, a vila de Sada converteuse nun laboratorio de experiencias arquitectónicas e urbanas para o alumnado e o profesorado do segundo curso da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña que tiveron como resultado final a publicación do libro que se vai presentar.

No desenvolvemento desta actividade, o profesorado da Escola afondou no coñecemento da vila de Sada. O presente libro estrutúrase en dúas grandes liñas de investigación: unha ligada ao feito proxectual, estético e interdisciplinar da arquitectura, e outra centrada no desenvolvemento urbano desde a súa evolución histórica ata temas ambientais ou de planeamento.

Por outra banda, as mellores propostas dos alumnos e alumnas recóllense no soporte dixital que acompaña o libro. Os traballos acometen proxectos que abordan ámbitos naturais, como as Brañas e varias localizacións no núcleo histórico. Desde a comprensión, o coñecemento e o aprehender o lugar, o obxectivo foi proxectar espazos que acollan a vida das persoas.

O Concello de Sada, na súa aposta pola colaboración institucional coa Universidade Pública, agarda que a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña siga elixindo Sada como laboratorio práctico onde desenvolver seus análises e ensinanzas.

  {{entry.title}}



Canles

link_to_download_wait
link_to_download_ajax