00:00:00
+/- 20s

PROGRAMA MEDIOAMBIENTAL NOS COLEXIOS DE SADA

Canal Prensa
Título PROGRAMA MEDIOAMBIENTAL NOS COLEXIOS DE SADA
 
Data 16 de Outubro de 2018, 13:00
Duración 25 min.
Descrición PRESENTACIÓN DO PROGRAMA MEDIOAMBIENTAL NOS COLEXIOS DE SADA
 
Categoría Presentación

SINATURA DO CONVENIO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL “EDUCANDO NA BIOSFERA 2018/2019” NO CONCELLO DE SADA

 1.- Sinatura do Convenio de Colaboración co Concello de Sada para a execución neste Concello do Programa “Educando na Biosfera” durante o curso académico 2018/2019.

2.- Presentación do Programa ós medios de comunicación.

MESA CON:

D. José Antonio Santiso Miramontes - Presidente Reserva Biosfera. 

D. Óscar Benito Portela Fernández. Alcalde do Concello de Sada.

D. Xosé Lois Suárez Becerra. Concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente do Concello de Sada.

PARTICIPARÁN OS DIRECTORES/AS DOS CENTROS EDUCATIVOS:

Dna. Natalia María Segui Mosquera. Directora do IES Mosteirón.

Dna. Silvia Abrodos Insua. Directora do CEIP Plurilingüe O Mosteirón.

D. Miguel Ángel Gayoso Barreiro. Director do CEIP “Sada y Contornos”.

D. Odilo Airas López. Director do CEIP Pedro Barrié de la Maza.

ROLDA DE PRENSA

Agradecer ó Concello de Sada pola súa implicación continua coa Reserva de Biosfera e por intentar mellorar ano a ano, o Programa de Educación Ambiental que a Reserva de Biosfera leva a cabo neste Concello.

Agradecemento ós distintos directores e directoras dos centros educativos participantes, polo seu compromiso en dar a coñecer a figura de Mariñas Coruñesas e acercala ó seu alumnado e profesorado.

Trátase dun programa educativo eminentemente práctico, que trata de reforzar e complementar os coñecementos teóricos desenvolvidos nas aulas.

Consolídase a participación de TODA a comunidade educativa do Concello de Sada, a cal participará integramente neste Programa, de 75 horas totais, que inclúen a alumnado de educación primaria, secundaria e bacharelato de cinco centros diferentes.

Respecto ó Programa do ano pasado, incrementáronse e diversificáronse as temáticas que se ofrecen ós centros, aumentouse o número de alumnos/as e de aulas participantes en cada centro educativo, así como melloráronse as experiencias prácticas, materiais e visitas demostrativas que ofrece o Programa. 

Desde “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” estamos convencidos da importancia de sensibilizar e educar en valores a toda á sociedade, pero especialmente á xuventude. E é aí onde afondaremos, buscando vixiantes ambientais da Biosfera nos centros educativos.

Vemos que é necesario continuar e incrementar o traballo neste eido, permitindo que a Reserva de Biosfera conviva cos cidadáns dende a súa primeira etapa educativa, máis adiante como unha ferramenta que poida servirlles para o complemento da súa formación e a mellora da súa inserción laboral; permitíndolles tamén formar parte dun equipo de voluntariado que traballa a prol da mellora ambiental, así como dándonos a coñecer como unha entidade que tamén promove o emprego e o emprendemento no territorio. Para conseguir todo esto, é fundamental empezar desde abaixo, dende os máis cativos, sensibilizándoos en materia ambiental para lograr que nun futuro a sociedade persiga a sustentabilidade e que coas súas actuacións non comprometa as xeracións futuras.

Aínda que vamos pouco a pouco implantando este Programa, co obxectivo de sentar unhas bases sólidas tamén no eido da educación ambiental, agardamos que outros Concellos da Reserva de Biosfera se sumen e sigan o exemplo do Concello de Sada, promovendo este tipo de programas e actividades nos seus territorios. 

Programa referente. Representantes da UNESCO (entre eles, Mª Rosa Cárdenas Tomazic, da Secretaría do Programa MaB) resaltaron o Programa de Educación Ambiental desta Reserva de Biosfera como pioneiro e innovador, extrapolable a outras áreas a nivel mundial. E por outro lado, actualmente outras Reservas de Biosfera españolas están a mostrar o seu interese para tratar de implantar este Programa nos seus respectivos territorios. Nada máis, agardo que este Programa de Educación Ambiental será todo un éxito, e estou convencido de que así o veremos no mes de maio, cando o alumnado nos expoña os seus traballos con motivo do VI Aniversario dende a declaración pola UNESCO como Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

  {{entry.title}}



Canles

link_to_download_wait
link_to_download_ajax